A Lenda da Raíña Lupa

jueves 27 abril 2017

    En Galiza hai moitas lendas nas que aparece a figura da Raíña Lupa ou Raíña Loba. Unha desas lendas conta que, hai moitos anos, vivía en terras galegas unha muller moi poderosa, que gobernaba o seu propio feudo. Eran tan poderosa coma cruel, soberbia e desapiadada, coñecida polos veciños co nome de “Raíña Lupa”.

  Para a súa manutención e a do seu séquito, tan desapiadado coma ela, ademais dos pagos habituais de impostos, esixía tamén aos seus servos que lle entregasen cada día unha vaca, un porco e unha carreta chea de alimentos.

   As diferentes aldeas da comarca ían facendo quendas para lles entregar as provisións reclamadas, xa os soldados da Raíña adoitaban queimaban casas, colleitas e asasinaban a tódolos habitantes das aldeas que se negaban a entregarlle o ela lles reclamaba. Os campesiños vivían aterrorizados.

    Ata que un día tocoulles aos veciños dun pequeno lugar chamado Figueirós reunir os alimentos para a Raíña. Cansos de pasar medo e fame, e ter que lle pagar un tributo que os arruinaba, reuníronse para decidir que facer. Entre todos decidiron que preferirían morrer loitando contra ela e os seus sicarios que morrer de fame por lle dar os alimentos.

    Preparáronse entón para a batalla, urdiron un plan, fixeron lanzas, arcos, frechas e puxéronse a camiño do castelo onde vivía a perversa Lupa.

    No castelo reinaba a calma. A raíña durmía placidamente, convencida de que os seus súbditos, presos do temor que lle tiñan, non a atacarían nunca. Tamén durmían os membros do seu séquito e o seus sicarios.

    Aproveitando o escuro da noite, os veciños treparon as murallas, con moito sixilo e entraron no castelo, sorprendendo ós seus habitantes. Tivo entón lugar unha loita encarnizada, da cal saíron vitoriosos os campesiños, que subiron correndo a escada en busca da súa opresora, que se refuxiara no torre máis alta.

                      

    Lupa, vendo que non podía escapar, e non querendo morrer nas mans dos que consideraba os seus escravos, correu cara á fiestra e saltou, indo caer contra unhas pedras, morrendo no momento.

    Coa morte da Raíña Lupa remataron as penurias dos habitantes da comarca e o valor dos veciños de Figueirós foi recordado durante moito tempo.







www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado