Agosto, o mes de Octavio Augusto

martes 01 agosto 2017

    Agosto é o oitavo mes do Calendario Gregoriano e ten 31 días.  Segundo o Calendario Romano, proposto por Rómulo, o ano comezaba no mes de marzo, polo que agosto era o sexto mes do ano e tiña o nome de Sextilis.

    Coa reformulación efectuada polo emperador Iulius Cesar (Xulio César), instaurando o Calendario Xuliano, Sextilis pasou a ser o oitavo mes do ano e tiña 29 días.

   O emperador Octavius Augustus (Octavio Augusto, 63 a.C. – 14 d.C.) decidiu darlle o seu nome a este mes, que pasou a chamarse “Augustus”, imitando o que xa fixera Iulius César, danlle o nome de “Iulius” ao mes precedente.

    Non obstante, Octavius consideraba que este mes non tiña a mesma importancia que iulius, por ter únicamente 29 días, mentras iulius tiña 31. Por ese motivo o emperador alterou a duración de varios meses, de modo a que o “seu” mes tivera 31 días.

    En Irlanda o mes de agosto recebe o nome de “Lúnasa”, termo derivado do irlandés antigo “Lughbasadh”, en homenaxe ao deus Lugh, deus supremo da mitoloxía celta.

 

    En agosto teñen lugar as seguintes celebracións:

        - 01 de agosto – Independencia de Suiza;

        - 06 de agosto – Independencia de Bolivia;

        - 15 de agosto – Día da Nai en Costa Rica;

        - 16 de agosto – Día do Neno en Paraguai;

        - 16 de agosto – Restauración da República Dominicana.

            


    Famosos que naceron en agosto:

        - 03 de agosto de 1963 -  James Hetfield;

        - 06 de agosto de 1972 -  Geri Helliwell;

        - 09 de agosto de 1914 – Tove Jansson;

        - 10 de agosto de 1960 – Antonio Banderas;

        - 19 de agosto de 1596 – Isabel Estuardo;

        - 22 de agosto de 1862 – Claude Debussy;

        - 27 de agosto de 1941 – Cesária Évora;

        - 29 de agosto de 1958 – Michael Jackson.

 

    Famosos que faleceron en agosto:

        - 06 de agosto de 1660 – Diego Velázquez;

        - 10 de agosto de 1923 – Joaquín Sorolla;

        - 12 de agosto de 2014 – Lauren Bacall;

        - 16 de agosto de 1900 – Eça de Queirós;

        - 20 de agosto de 2015 – Lina Morgan;

        - 25 de agosto de 1900 – Friedrich Nietzsche;

        - 31 de agosto de 1967 – Tania Bunke.






www.facebook.com/huellasdemicha/




Comentarios

This is really a great stuff for sharing. Keep it up. Thanks for sharing.

enviado por Help With Medical Science Homework el 08 agosto 2017 a las 09:48 AM CEST
Sitio web:: http://www.medassignments.com #



Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado