Aracne, a tecedeira que desafiou a deusa Atenea

lunes 17 abril 2017

     Aracne era filla de Idmón de Colofón, un coñecido tintureiro de Lidia. A rapaza desenvolveu unha grande habilidade para tecer e bordar. Estableceu o seu obradoiro na cidade de Hipepa, onde perfeccionou as súas habilidades. Tan admirara era como tecedeira que as propias ninfas do campo acudían ao seu obradoiro para admirar os seus fermosos traballos.

                           

     Pero ademais de moi habilidosa e fermosa, a moza era tamén moi orgullosa e presumida, tanto que acabou por se convencer de que o seu don para tecer era superior ao dos propios deuses, afirmando que as súas habilidades eran superiores ás de Atenea, deusa grega da sabedoría, artesanía e da guerra.

     A deusa, aínda que enfadada e ofendida, decidiu dar unha oportunidade a Aracne para se redimir do que tiña dito. Adoptando a forma dunha vella señora avisou a rapaza de que non debía ofender os deuses dicindo ser mellor ca eles, pero a mortal burlouse dela e propuxo un concurso de tecedeiras no cal demostraría a súa superioridade. Atenea, quitándose o disfrace de vella aceitou o desafío e o concurso comezou.

   O tapiz que a deusa bordaba mostraba os 12 deuses principais do Olimpo, ademais dunha escena da súa propia vitoria sobre Poseidón. Mentres Aracne escolleu como tema para o seu tapiz “O Amor dos Deuses”, representando varios episodios de infidelidades de deuses disfrazados de animais, entre elas varias das infidelidades de Zeus.

    Atenea admitiu que a obra era perfecta e que a moza era moi destra tecendo, pero o motivo elixido era un insulto aos deuses, aumentando así a súa ira. A deusa, presa dunha cólera incontrolable colleu a súa lanza e destruíu o tapiz e o tear de Aracne, golpeándoa tamén a ela na cabeza. Nese momento a rapaza decatouse da súa insensatez. Humillada, deshonrada e avergoñada, fuxiu e aforcouse.

  Pero Atenea non permitiu que Aracne morrera, transformándoa nunha araña e a soga da que colgaba o seu corpo nunha tea de araña, para que puidese seguir tecendo para o resto da eternidade.








www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado