As Mascotas dos Mundiais de Fútbol

sábado 21 abril 2018

   A celebración da primeira edición do Campionato Mundial de Fútbol ou Copa Mundial de Fútbol, tivo lugar no ano 1930, pero foi en 1966 cando comenzou a contar cunha mascota representativa.

    A primeira Copa Mundial Femenina de Fútbol ou Mundial Femenino realizouse en 1991, pero non foi ata 2011 cando contou coa primeira mascota.

 

Mascotas dos Mundiais de Fútbol Masculinos




World Cup Willie

     Mundial de Inglaterra (1966)

    É un león, un dos símbolos tradicionais de Inglaterra, cunha camiseta coa bandeira de Gran Bretaña.

 






Juanito

    Mundial de México (1970)

    É un neno futbolista co tradicional sombreiro mexicano.



 



Tip y Tap

    Mundial da República Federal Alemá, RFA, (1974)

  Son dous nenos futbolista. Un ten na camiseta o número 74, correspondente ao ano, e o outro a sigla WM, abreviatura de Weltmeisterschaft, Copa do Mundo en alemán.

 




Gauchito Mundialito

    Mundial de Argentina (1978)

    É un neno vestido de gaucho. Os gauchos eran xinetes e expertos gandeiros que habitaban en Arxentina, Uruguai e nalgunhas región de Brasil.






Naranjito

    Mundial de España (1982)

    É unha laranxa, unha das principais frutas producidas no país, co uniforme da selección española de fútbol.

 





Pique

    Mundial de México (1986)

    É un chile japaleño vestido de futbolista, con bigote e sombreiro mexicano. O chile jalapeño recibe esa designación xa que o centro tradicional de su producción se encontra en Xalapa, no estado mexicano de Veracruz.

 





Ciao

    Mundial de Italia (1990)

    Boneco de un futbolista formado por barras coas cores da bandeira italiana. Debe o seu nome á forma de saúdo utilizada en Italia.






Stiker

    Mundial de Estados Unidos de América (1994)

    É un can futbolista, vestido coas cores da bandeira estadounidense.

 





Footix

    Mundial de Francia (1998)

    É un galo, símbolo tradicional do país, vestido coas cores de Francia.

 






Os Spheriks: Ato, Nik e Kaz

    Mundial de Corea do Sur – Xapón (2002)

    Son tres criaturas futuristas, unha de cor morada, otra amarela e a terceira de cor azul.

 





Goleo VI e Pille

    Mundial de Alemaña (2006)

    Goleo é un león futbolista e Pille é o seu balón de fútbol falante. O nome Goleo VI ven da expresión inglesa de apoio "Go, Leo", VI é o número 6 en numeración romana e fai referencia ao ano.

 





Zakumi

    Mundial de Sudáfrica (2010)

    Leopardo africano, felino común no país. O seu nome está formado pola xunción de “ZA”, código ISO (Organización Internacional de Normalización) para Sudáfrica, e “kumi” que significa “diez” en varias línguas africanas.

 



Fuleco

    Mundial de Brasil (2014)

    É un armadillo brasileiro de tres bandas futbolista. Os armadillos con capaces de enrolarse para defenderse, formando unha bóla, e son característicos do país. O nome “Fuleco” ven da unión das primeiras sílabas das palabras “fútbol” e “ecoloxía”.

 



Zabivaka

    Mundial de Rusia (2018)

    É un lobo vestido co uniforme da selección rusa de fútbol. O seu nome significa “Pequeño Goleador”.

 

 


Mascotas dos Mundiais de Fútbol Femeninos





Karla Kick

     Mundial de Alemaña (2011)

    É unha gata futbolista, vestida co uniforme da selección alemá de fútbol e coa bandeira alemá pintada nas meixelas.

 





Shueme

    Mundial de Canadá (2015)

    É un bufo nival femia vestindo un uniforme de fútbol coas cores do país. O bufo nival é unha ave rapaz nocturna común en Canadá.









www.facebook.com/huellasdemicha/
twitter.com/huellasdemicha
  




Comentarios

very nice posts. really to be appreciated awsome and a great stuff keep posting like this.having a great smile here .too good

enviado por Robin el 04 mayo 2018 a las 09:34 AM CEST
Sitio web:: http://https://goo.gl/maps/BwwdgnxrqkP2 #



Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado