“Cousas”, de Daniel Castelao

lunes 30 enero 2017

    O libro “Cousas” de Daniel Castelao, é un conxunto de 45 relatos breves, acompañados de ilustracións, nos que o autor explora a realidade socioeconómica galega: a emigración; o mundo mariñeiro; o mundo labrego; as xentes sumidas na miseria; os sectores máis marxinados. Estes pequenos relatos poñen de manifesto as diferenzas e as inxustizas sociais vividas na Galiza.

    Está considerada como a obra máis orixinal de Castelao ao ser unha combinación de narrativa e debuxo, sendo que a imaxe axuda na narración e comprensión dos acontecementos relatados, mesturando emoción e humor e demostrando un coidado especial na utilización da frase e da palabra.

    Cada un dos relatos que conforman o libro foron publicándose na prensa a partir do ano 1919, pero non foi ata 1926 cando foi feita a súa recompilación, sendo publicada co título "Cousas".

     Valoración:
        

   

     Outras obras de Castelao:

         - Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922);

         - Os dous de sempre (1934);

         - Sempre en Galiza (1944);

         - As cruces de pedra na Galiza (1950).





www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado