Empeza Marzo, mes da Primavera

miércoles 01 marzo 2017

     Marzo é, actualmente, o terceiro mes do ano do Calendario Gregoriano, pero non sempre foi así.

     Segundo o Calendario Romano de Rómulo, usado entre os séculos VII/VI a.C. e I a.C., marzo ou “martius” era o primeiro mes do ano. O calendario xuliano, introducido no ano 45 a.C. marcaba o inicio do ano no mes de xaneiro, sendo marzo o terceiro mes e contando con 31 días.

                   

     No entanto ata o século XV o día 1 de marzo seguiu sendo o día de inicio do novo ano na Rusia Imperial. Por outro lado, no Reino Unido e nas súas colonias ata 1752 o ano tiña inicio no día 25 de marzo.

     En marzo ten lugar un dos dous equinoccios do ano, xeralmente no día 21. No hemisferio norte o equinoccio de primavera e no sur o de outono, dando inicio respectivamente a estas dúas estacións.

   En finlandés marzo recebe o nome de “maaliskuu”, derivado de “maallinen kuu” que significa “mes terrestre”, xa que é o mes no cal a terra empeza a aparecer baixo a neve derretida.

    É o mes adicado a Marte, o deus romano da guerra, porque ao ser o primeiro mes da primavera, no hemisferio norte, marcaba o inicio da tempada das campañas militares.

    A expresión “Idus de Marzo” chegou ata aos nosos días cunha connotación negativa. Pero realmente os idus correspondían aos días 15 dos meses de marzo, maio, xullo e outubro, e aos días 13 dos restantes meses. Eran días de bos augurios e os idus de marzo eran os máis famosos, marcados por varias festividades relixiosas, ata ao ano 44 a.C., ano no que Emperador Xulio César, vítima dunha conspiración os membros do senado, foi asasinado.

                          

    O asasinato de Xulio César está considerado como un punto de inflexión na Historia da Antiga Roma, marcando a transición da República Romana ao Imperio Romano.

    Na última fin de semana de marzo faise o cambio do horario de inverno ao de verán. Este ano na madrugada do 25 ao 26 de marzo hai que adiantar os reloxos unha hora, ás 2h serán as 3h.

                        

    En marzo teñen lugar as seguintes celebracións:

        - 1 de marzo – Días das Illes Balears;

        - 8 de marzo – Día Internacional da Muller;

        - 19 de marzo – Día do Pai;

        - 22 de marzo – Día Mundial da Auga.

    Famosos que naceron en marzo:

        - 02 de marzo de 1962 – Jon Bon Jovi;

        - 04 de marzo de 1932 – Miriam Makeba;

        - 05 de marzo de 1870 – Rosa de Luxemburgo;

        - 14 de marzo de 1879 – Albert Einstein;

        - 16 de marzo de 1965 – Belén Rueda;

        - 21 de marzo de 1685 - Johan Sebastian Bach;

        - 25 de marzo de 1942 – Aretha Franklin;

        - 29 de marzo de 1939 – Terence Hill.

    Famosos que faleceron en marzo:

        - 02 de marzo de 1974 – Salvador Puig Antich;

        - 05 de marzo de 1953 – Iósif Stalin;

        - 05 de marzo de 2013 - Hugo Chávez;

        - 08 de marzo de 415 – Hipatia de Alejandría;

        - 12 de marzo de 1945 –Anne Frank;

        - 15 de marzo de 44 a.C. – Xulio César;

        - 23 de marzo de 1917 – Carolina Muzzilli;

        - 31 de marzo de 1855 – Charlotte Brontë.





www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado