Febreiro, os últimos serán... os segundos

miércoles 01 febrero 2017

    Febreiro é o segundo mes do ano, de acordo co calendario gregoriano. É o mes máis corto, con apenas 28 días. Cada 4 anos, nos chamados anos bisestos, élle engadido un día máis para equilibrar o ano solar e o cronolóxico, xa que a Terra tarda realmente 365 días, 5 horas e 56 minutos no seu movemento a redor do Sol.

                          

    No calendario romano inicial os meses de xaneiro e febreiro non existían. No ano 713 a.C. Numa Pompilio, segundo rei romano, reformulou o calendario e engadiu estes dous meses e febreiro era o último mes do ano.

    O calendario xuliano, 45 a.C., intentou establecer o inicio do ano no mes de xaneiro, pero foi no século XVI cando se xeneralizou en Europa o inicio do ano neste mes, polo que febreiro pasou de ser o último, a ser o segundo mes do ano.

   Houbo ocasións, moi raras, nas que o mes de febreiro tivo 30 días, por exemplo cando se fixo a conversión do calendario xuliano ao gregoriano.

  O nome do mes deriva do latín “Februarius”, inspirado en Fébruo, deus da morte e da purificación na mitoloxía etrusca. Para homenaxear este deus etrusco era celebrada unha festa anual de purificación, denominada “februa”. A data da celebración coincidía co actual 15 de febreiro, polo que o nome da festa serviu de inspiración para o nome do mes.

   Os romanos adicaron o mes de febreiro ao deus Neptuno, deus das augas, dos mares e dos terremotos.

  Orixinalmente febreiro tiña 29 ou 30 días ata que o Emperador César Augusto decidiu poñerlle o seu nome ao mes de agosto, tal como fixera Julio César co mes de xullo. Así, para que agosto tivera 31 días como xullo, febreiro cedeu un dos seus días ao mes de agosto.

    Este ano o entroido celébrase o 28 de febreiro.

    En febreiro teñen lugar, entre outras, as seguintes celebracións:

  - 4 de febreiro - Día Mundial da loita contra o Cáncer;

  - 14 de febreiro - Día dos Namorados; 

  - 17 de febreiro – Día Mundial do Gato;

  - 18 de febreiro – Día Internacional do síndrome de Asperger;

  - 28 de febreiro – Día de Andalucía;

  - 29 de febreiro – Día Mundial de las Enfermidades Raras.

     Famosos que naceron en febreiro:

     - 01 de febreiro 1917 - José Luis Sampedro;

     - 06 de febreiro 1945 - Bob Marley;

     - 09 de febreiro 1945 - Mia Farrow;

     - 11 de febreiro 1934 - Mary Quant;

     - 12 de febreiro 1888 - Clara Campoamor;

     - 15 de febreiro 1564 - Galileo Galilei;

     - 21 de febreiro 1933 - Nina Simone;

     - 27 de febreiro 1932 - Elizabeth Taylor.

     Famosos que faleceron en xaneiro:

      - 01 de febreiro 1851 - Mary Shelley;

     - 02 de febreiro 1907 - Dmitri Mendeleiev;

     - 11 de febreiro 1650 - René Descartes;

     - 17 de febreiro 1600 - Giordano Bruno;

     - 21 de febreiro 1987 - Andy Warhol;

     - 23 de febreiro 1987 - Zeca Afonso;

     - 28 de febreiro 1935 - Chiquinha Gonzaga.




www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado