Kinkajú, o mono que non é un primate.

viernes 09 junio 2017

   O Kinkajú, Potos flavus, é un mamífero carnívoro nativo das selvas centro y suramericanas, sendo tamén coñecido cos nomes de Can do Monte, Mono Michi, Mico León ou Cuchumbí.

   O kinkajú é da familia dos mapaches e dos coatíes, pero non dos primates.

  É un animal de hábitos nocturnos e solitarios, pasa o día nas copas das árbores e durante a noite baixa en busca de alimento. Alimentase principalmente de flores, brotes, insectos, noces, froita e gústalle especialmente o mel.

    O kinkajú é un animal pequeno. O corpo, alongado e musculoso, mide entre 42 a 53 cm, e pesa entre 2 a 5 kg. As pernas e os brazos son curtos, pero perfectamente adaptados para suxeitarse ás ramas e aos troncos das árbores.

    A cabeza é redondeada e o rostro curto. Os ollos son grandes e algo separados. A pelaxe é tupida, densa e curta, cun tacto aveludado. Normalmente presenta tons acastañados, máis ou menos escuros. A parte superior do corpo adoita ser dun ton castaño escuro e a zona ventral máis amarelenta. A cabeza, as extremidades e o extremo da cola son de un ton máis escuro.

                   

     Este animal ten una lingua moi longa, que lle permite comer sen dificultade a polpa das froitas. Outro aspecto característico é a súa cola, que chega a ser case tan longa como o resto do corpo, medindo entre 40 e 50 cm. A lonxitude da cola permítelle equilibrarse cando se move polas árbores e, ademais, coa extremidade da cola é capaz de agarrarse ás ramas ou a outros sitios similares.

   Son animais plantígrados, camiñan apoiados parcial ou totalmente sobre as plantas dos pés.

   O período de xestación do kinkajú é de aproximadamente 120 días, despois dos que a femia pare unha única cría, á cal terá que dar de mamar durante os catro meses seguintes. As femias e as súas crías establecen entre si unha intensa comunicación vocal.

     A destrución de grandes extensións de selva é unha ameaza para esta especia, poñendo en perigo a existencia dos kinajús.






www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado