Maio, o mes das flores

martes 02 mayo 2017

   Maio é, segundo o Calendario Gregoriano, o quinto mes do ano, pero era o terceiro mes do Calendario Romano, vixente entre os séculos VII/VI e I a.C., co nome de Maius.

             

   A orixe do nome deste mes adoita asociarse á deusa romana Maia, tamén coñecida como Bona Dea, deusa da fertilidade. Outras versións din que o nome se debe á ninfa grega Maya, nai de Hermes.

   Dende o punto de vista mitolóxico, maio era o mes das festas romanas de homenaxe á deusa Maia e tamén o mes das festas da vexetación, das flores, da auga e da natureza.

   Nalgunhas culturas é o mes do regreso mítico dos mortos e dos antepasados. Na cultura celta, o 1 de maio celebrábase a festa de Beltane, un festival de fogo dedicado ao deus Bel.

                          

   En maio teñen lugar as seguintes celebracións:

        1 de maio – Día Internacional do Traballador;

        3 de maio – Día Mundial da Liberdade de Prensa;

        15 de maio – Día Internacional da Familia;

        17 de maio – Día das Letras Galegas;

        17 de maio – Día Internacional contra a homofobia e a transfobia;

        22 de maio – Día Internacional da Diversidade Biolóxica;

        25 de maio – Día de África;

        31 de maio –Día Mundial Sen Tabaco.

                       

   Famosos que naceron en maio:

        1 de maio de 1852 – Calamity Jane;

        3 de maio de 1469 – Nicolás Maquiavelo;

        5 de maio 1818 – Karl Marx;

        7 de maio de 1901 – Gary Cooper;

        9 de maio de 1962 – Beatriz Gimeno;

        13 de maio de 1820 – Florence Nightingale;

        15 de maio de 1859 – Pierre Curie;

        16 de maio de 1905 – Henry Fonda;

        20 de maio de 1799 – Honoré de Balzac;

        25 de maio de 1853 – Elena Maseras;

        28 de maio de 1968 – Kylie Minogue.

 

   Famosos que faleceron en maio:

        1 de maio de 1994 – Ayrton Senna;

        3 de maio de 1945 – Odón de Buen;

        6 de maio de 1980 – María Luisa Bombal;

        11 de maio de 1981 – Bob Marley;

        12 de maio de 1921 – Emilia Pardo Bazán;

        13 de maio de 1673 – Johannes Bach;

        18 de maio de 1910 – Eliza Orzeszkowa;

        22 de maio de 1895 – Isaac Peral;

        24 de maio de 1543 – Nicolás Copérnico;

        30 de maio de 1995 – Antonio Flores.





www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado