“Morte de rei”, de Darío Xohán Cabana

lunes 23 enero 2017

    “Morte de rei”, de Darío Xohán Cabana, é unha novela histórica, rigorosamente documentada e publicada en 1996. Neste libro o autor relata o reinado de D. García, último rei do Reino de Galicia e dos reinos cristiáns da Península Ibérica, no século XI.

    “Toda a novela está contada dende un ángulo, o do protagonista, onde realidade e soño se confunden. Don García de pé, aferrollado, cangado de grillóns diante do mirador, contempla o mundo máis aló das serras: A patria xalundes, o reino perdido para sempre. Recibe a visita de Amaro Érniz, o derradeiro amigo, personaxe que fará de necesario contrapunto na novela. Don García, consciente dos estragos do tempo, sofre pola memoria do pasado, a ensoñación da infancia, o anhelo da beleza confinado na prisión dos seus soños... a soidade... a viaxe imposible ó paraíso perdido que o levará ó final por el elixido”.

     Valoración:
          

     Outras obras de Darío Xohán Cabana:

     - Galván en Saor(1989);

     - Fortunato de Trasmundi (1990);

     - Vidas senlleiras (1992);

     - O cervo na torre (1994);

     - Mitos e memorias (2003).






www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado