Ollo coa Procesionaria do Piñeiro

lunes 26 febrero 2018

    A Procesionaria do Piñeiro ou Procesionaria, Thaumetopoea pityocampa, é una especie de Lepidóptero. Os lepidópteros son unha orde de insectos nos que se inclúen as bolboretas e as avelaíñas.

                         

    As procesionarias son características dos bosques de piñeiros, cedros e abetos do sur de Europa e de América, sendo os párasitos máis importantes destas árbores e unha praga moi extendida.                      

    É unha especie fundamental no ecosistema, xa que se atopa na base da pirámide trófica. Moitas especies aliméntase dela, en cualquera dos seus estados – eiruga, crisálida ou bolboreta – incluso os ovos sirven de alimento a outros insectos.

    Durante a súa vida, estes insectos pasan por diferentes fases de desenvolvemento: embrión ou ovo; larva ou eiruga; crisálida e bolboreta.

    Na súa forma adulta, as bolboretas son de cor cincenta, con liñas negras en zig-zag nas as anteriores. As posteriores son máis claras e teñen unha pequena mancha escura na parte inferior. Os machos miden entre 30 a 35 mm e as femias entre 25 e 45 mm.

    Teñen hábitos esencialmente nocturnos, de forma a enviar as aves predadoras diurnas. A súa cor parda cincenta permitelles confundirse co entorno no que viven e pasar case inadvertidas aos ollos dos seus predadores.

   No verán, as mariposas aparéanse e a femia deposita os seus ovos nas copas das árbores que parasitan, formando unhas estructuras moi características, en forma de espiral, arredor dunha ou dúas agullas da árbore.

   30 ou 40 días despois nacen as eirugas, normalmente entre os meses de agosto e outubro. Inmediatamente despois de eclosionar, comezan a alimentarse das agullas da árbore na que naceron. Desenvolven toda a súa vida larvar sobre a mesma árbore, a menos que esgosten o seu alimento e teñan que parasitar outra árbore próxima.

    As procesionarias succionan a resina da árbore, producindo unha caída masiva das súas agullas ou retrasando o seu ritmo de crecimento.

    Teñen un comportamento social, establecendo interaccións cooperativas coas súas irmás de posta. Durante o inverno forman unhas bolsas de seda brancas ou cincentas nas pólas das árbores parasitadas, con función de refuxio colectivo.

    Entre os meses de febreiro e abril, as eirugas baixan da súa árbore ao chan, formando as características ringleiras de un, comportamento polo que son coñecidas como procesionarias.

    Adopta este método para moverse de modo a protexer as cabezas unhas das outras, xa que é o alimento de moitos paxaros. A “procesión” é sempre guiada por unha femia.

    Despois de atopar un lugar axeitado, enrólanse de xeito a non deixar ningunha cabeza descuberta. É aí que se enterran no chan, tranformándose en crisálidas, podendo manterse nesta fase durante un ano ou máis.

    As bolboretas xurden no verán e o seu período de vida é moi corto, de un ou dous días.

  De momento as procesionarias aínda non están consideradas como unha praga forestal, o seu principal efeito negativo é ao nivel da saúde pública, sendo principalmente vulneráveis os nenos e as mascotas.

    Ao crecer as eirugas presentan o corpo recuberto de filamentos urticantes, recubertos por unha toxina denominada thaumatopina.

    Os filamentos urticantes que recubren o corpo das eirugas despréndense e flotan no ar. O contacto con estes filamentos provoca urticarias, irritacións cutáneas locais, máis ou menos intensas, podendo tamén provocar problemas oculares, bronquais e incluso anafilaxia severa.

   Cando un animal, normalmente os cans, entran en contacto directo cos filamentos urticantes, lamendo ou inxerindo as eirugas, a toxina pode provocar diferentes síntomas: nerviosismo; inflamación da língua; necrose; problemas ao pechar a boca; infección da larinxe ou mesmo morte por asfixia.

                         

    Por ese motivo hai que ter especial coidado ao pasear cos cans durante os meses nos que as procesionarias realizan a súas “procesións”, de xeito a evitar que entren en contacto coas eirugas. Caso non se poida evitar, deben ser atendidos por un veterinario nun curto espazo de tempo, para minimizar os efeitos provocados polas toxinas.







www.facebook.com/huellasdemicha/
twitter.com/huellasdemicha
  






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado