Queimacasas, o caranguexo corredor

lunes 13 marzo 2017

     O Queimacasas, Pachygrapsus marmoratus, é pequeno caranguexo, tamén coñecido como caranguexo corredor ou caranguexo de San Antón.

                             

     Vive no Océano Atlántico, nas costas europeas, no Mediterráneo e no mar Negro, a menos de 2 m de profundidade, en zonas rochosas, nas fendas ou debaixo das pedras, en rompentes de cantís e incluso en portos de augas limpas.                       

     A súa cuncha presenta a forma cuadrangular típica dos caranguexo, pode medir ata 4 cm de lonxitude e adoita ser de cor verde escura, case negra, con algunhas vetas amarelas, sobre todo nas patas. A parte inferior do corpo é de cor clara.

     Os ollos sobresaen un pouco do corpo e as pinzas son desiguais. As dos machos son de maior tamaño cas das femias. Ambos teñen 4 pares de patas, provistas de pelos, adaptadas para correr e trepar, pero non para nadar.

     Os queimacasas son moi rápidos e áxiles, son capaces de correr rapidamente polas rochas e posen unha grande habilidade para esconderse nos buratos das pedras cando se senten ameazados. Esta capacidade fai con que sexan difíciles de capturar.

     Son animais omnívoros, alimentándose principalmente de algas e mexillóns.

     Non soen vivir máis de 3 anos.





www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado