Quen repousa en Compostela: Santiago o Maior ou Prisciliano o Herexe?

martes 25 julio 2017

    Di a tradición que nos primeiros anos do cristianismo os apóstolos viaxaron dende palestina a terras remotas para difundir a mensaxe da nova relixión. Un deses apóstolos era Xacobe de Zebedeo, coñecido actualmente como Santiago o Maior. Xacobe viaxou ata á Península Ibérica onde predicou o novo Evanxeo principalmente na zona do río Ulla.

   Non obstante tivo pouco éxito e escaso foi o número dos seus discípulos en terras galegas, polo que decidiu regresar a Palestina, onde, no ano 44, foi torturado e decapitado por orde de Herodes Agripa, quen prohibiu que fose enterrado. Ante esta prohibición, os seus discípulos, en segredo, colocaron o corpo nun cadaleito de mármore a bordo dun barco que o levou ata a costa galego, remontando o río Ulla e chegando a Iria Flavia. Alí foi enterrado, levantándose un altar sobre o cadaleito do apóstolo.

   O tempo e as persecucións e prohibicións de visitar o lugar fixeron que as xentes se esqueceran da existencia da sepultura, ata que no ano 813 un ermitán de nome Pelaio escoitou cánticos e viu resplandores nese lugar, que recibiría o nome de Campus Stellae (Campo da Estrela), que derivaría no nome de Compostela.

   O ermitán, xunto co de Iria Flavia, Teodomiro, foron ao lugar, descubrindo os restos da sepultura identificado cunha lápida. O rei Alfonso II foi informado e acudiu de inmediato ao lugar e proclamou a Santiago patrón do reino, mandando edificar unha Catedral na cal repousarían os restos do apóstolo.

    Aínda que a chamada Tumba do Apóstolo sexa, dende hai séculos, un dos principais puntos de peregrinación da cristiandade, a verdade é que existe a dúbida de que sexan realmente os restos de Santiago os que repousan en Compostela.

   Numerosos historiadores apuntan que en Compostela son venerados non os restos do Apóstolo e si os do bispo galego Prisciliano.

    Prisciliano naceu e morreu no século IV e as súas ideas proclamaban a liberdade relixiosa e a igualdade de sexos, rexeitando a unión da Igrexa e do Estado Imperial, a corrupción e o enriquecemento das xerarquías, principalmente das eclesiásticas. Estas ideas tiveron rápida e grande aceptación entre todas as clases, motivo polo cal os principais membros do clero o perseguiron, acusándoo de prácticas de rituais pagáns, declarándoo herexe.

    Finalmente foi condenado à morte, xunto con outros discípulos seus, por herexía. Se ben que varios foron os bispos de Occidente e de Oriente que protestaron contra a que foi a primeira sentencia á morte por herexía de toda a cristiandade, Prisciliano e os seus seguidores acabaron por ser executados.

    A partir de entón o bispo Prisciliano pasou a ser coñecido como Prisciliano, o Herexe.

    Prisciliano foi decapitado en Tréveris, no ano 389. Os seus discípulos trasladaron sobre os seus ombros os seus restos, dende a cidade alemá ata Galicia, concretamente ata Iria Flavia, onde foi enterrado. Curiosamente no mesmo lugar onde di a lenda que foron enterrados os restos de Santiago. Esta coincidencia e a necesidade que tiña o clero en borrar da Historia o nome de Prisciliano, o Herexe, fai que moitos expertos aseguren que na catedral compostelá repousan non os restos do Apóstolo e si os do bispo galego.

    O percorrido efectuado polos discípulos de Prisciliano dende Alemaña a Galicia coincide coa ruta que, séculos máis tarde, sería percorrida polos peregrinos para chegar a Compostela, podendo ser esta a orixe do Camiño de Santiago.

    Outro dato que pon en dúbida a lenda de Santiago é o feito dos historiadores teren atopado en Palestina probas de que o apóstolo non morreu decapitado e non haber rexistro do seu paso pola Península Ibérica.

                      

    A dúbida sobre quen repousa en Compostela podería ser resolvida de forma sinxela, mediante a proba do carbono 14 que permitiría saber se os ósos son do século I ou do IV. Mais a exhumación dos restos que se atopan na tumba da catedral compostelá está prohibida por unha Bula Papal, non sendo posible realizar calquera tipo de análise que axude a coñecer a súa verdadeira identidade.

    Por tanto, será Santiago o Maior ou Prisciliano o Herexe?






www.facebbok.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado