Saramago ou Ravo Silvestre

miércoles 09 agosto 2017

  O Saramago ou Ravo Silvestre, Raphanus raphanistrum, planta herbácea sinalada como posible antepasado do ravo doméstico, Raphanus sativus.

   É unha especie orixinaria de Asia e da zona do Mediterráneo, con moi boa capacidade de adaptación, polo que se estendeu a todos os continentes, estando considerada, nalgúns casos, como unha planta invasora e daniña. Crece en camiños, terreos abandonados, fincas cultivadas e zonas onde a terra foi removida.

   O saramago presenta caules erectos, pubescentes e pouco ramificados, que miden entre 3 a 8 dm de alto. As follas basais da planta crecen en forma de roseta, son oblongas e teñen entre 5 a 15 segmentos oblongos, progresivamente máis grandes cara ao segmento terminal. As follas superiores crece ao longo do caule, son de tamaño reducido e, normalmente, enteiras.


            

   As flores, de 15 a 20 mm de diámetro, teñen 4 pétalos que poden ser de cor rosada, púrpura, alaranxada ou amarela.

    A raíz é simple, engrosada e similar á do ravo, menos dilatada.







www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado