Serpe coral azul de Malasia, a serpe dos 100 pasos.

domingo 08 enero 2017

    A serpe coral azul, Calliophis bivirgatus, é unha serpe orixinaria de Asia, vivindo en zonas húmidas e no chan, entre as follas dos bosques. Pode ser atopada en Malasia, Indonesia, Singapur e Tailandia.

    Esta especie foi descrita por primeira vez en 1827, polo científico alemán Friedrich Boie.

                         

   
Ten un corpo delgado, estilizado, podendo chegar a medir case 2 m de largo, na idade adulta. Presentan una cor azul intensa a negra, con suaves riscas azuis e brancas. A cabeza, o ventre e a cola son, xeralmente, de un ton vermello brillante.

    Son serpes de hábitos nocturnos e aliméntanse case exclusivamente de outras serpes, algunhas veces incluso das da mesma especie. Ocasionalmente poden comer lagartos, ras ou paxaros.

    A serpe azul coral non é moi agresiva. Cando se sente ameazada normalmente fuxe. Caso permaneza no mesmo sitio, esconde a cabeza baixo as follas do chan ou baixo o seu corpo enrolado e levanta a súa cola vermella. Esta posición fai con que se torne difícil para os depredadores distinguir a cabeza da cola, ao mesmo tempo que lles lanza unha mensaxe de aviso e defensa.

    Non obstante é unha das serpes máis perigosas de Asia, xa que o seu veleno é moi potente e moi rápido, case instantáneo. Por ese motivo recibiu o alcume de “100 pasos”, xa que ningún ser humano pode andar máis de 100 pasos despois de ser mordido por unha destas serpes. Aínda así, o número de mortes humanas causadas pola coral azul non é moi elevado.

                     

   
As glándulas de veleno da coral azul son moi largas, medindo aproximadamente un terzo do seu corpo. O veleno desta serpe é neurotóxico, sendo os seus principais compostos activos as citocinas e as fosfolipasas, que provocan a destrución do tecido muscular e promoven a liberación de adenosina, provocando hipertensión, inflmación e bloqueo dos neurotransmisores.

    A forma de propagación do veleno é unha das principais características da serpe coral azul. Cando ataca a súa presa, ao inxectarlle o veleno indúcelle un choque masivo no sistema, provocándolle unha serie de espasmos no corpo enteiro. Este choque provoca que todos os seus nervios se movan de forma moi rápida e dunha soa vez, provocando unha morte case inmediata.

    Pese a ser unha das especies máis mortais é tamén unha das especies de serpes que se encontran en risco de extinción.

    Estudos farmacolóxicos recente revelaron que o veleno da serpe coral azul poderá ser utilizado en fármacos analxésicos para uso en seres humanos.





www.facebook.com/huellasdemicha/






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado