Viño Tostado do Ribeiro, un tesouro galego

miércoles 29 marzo 2017

    O viño Tostado do Ribeiro é un viño doce, elaborado de forma tradicional a partir de uvas pasificadas dende hai varios séculos.

    As primeiras referencias a este viño datan do século XVII. Era un signo de distinción, sendo un viño bebido apenas polos nobres e pola fidalguía do Ribeiro en determinadas ocasións especiais, por exemplo en vodas e nacementos.

                                 

    A rexión do Ribeiro sitúase na provincia galega de Ourense e a Denominación de Orixe inclúe os municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Puxín, Ribadavia, San Amaro e Toén.

    Hai viños tostados tintos e brancos, e para a súa elaboración son utilizadas unicamente uvas de variedades autóctonas da Denominación de Orixe do Ribeiro. Para o viño tostado tinto empréganse as variedades Caíño, Ferrón, Sousón, Brancellao e Mencía. Para o viño tostado branco, as variedades Treixadura, Loureiro, Torrontés, Godello e Albariño.

    O máis habitual é o viño tostado branco, elaborado a partir de uvas da variedade Treixadura, uva que aporta un toque lixeiramente ácido a este viño, logrando un equilibrio perfecto entre a acidez, o alcohol e a dozura.

    A elaboración do viño Tostado do Ribeiro é longa e delicada. Non todas as colleitas son aptas para a produción deste viño. A uva ten que estar totalmente sa e ter un grao de madurez e azucres axeitado.

    Na vendima os acios son recollidos manualmente e colocados en envases anchos e altos, cunha capacidade máxima de 10kg, de forma a manter a integridade da uva.

   Despois son seleccionados coidadosamente e os mellores acios pasarán por un proceso de pasificación ou deshidratación, sendo colgados a cuberto e á sombra, nun cuarto escuro, cerrado e con boa ventilación, durante un período de entre 3 a 6 meses.

   A deshidratación das uvas é feita de forma natural, sen recursos nin a estufas, nin a ventiladores. Neste proceso os acios perden ata un 50% do seu peso e provoca unha concentración dos azucres e dos demais compoñentes sólidos da uva, multiplicando os seus valores iniciais.

   Cando alcanzan o punto óptimo de pasificación, as uvas son espremidas nunha prensa tradicional, traballo laborioso pola elevada densidade do mosto resultante. Este mosto pasa por unha fase de fermentación que pode durar entre mes e medio a dous meses. Ao contrario dos demais viños licorosos, a fermentación do tostado termina de forma natural cando o grao alcohólico, entre 14 a 15 graos, inhibe a acción dos lévedos responsables polo proceso.

    O viño pasa entón por un período de maduración en barricas de carballo ou de cerdeira, durante un período mínimo de seis meses, aínda que o máis habitual adoita ser un par de anos de maduración.

   A última fase é a de repouso en botella, un mínimo de 3 meses.

    Actualmente hai unicamente tres produtores de Viño Tostado do Ribeiro. A adega Viña Costeira elabora o viño Ribeira Tostado de Costeira Treixadura. A adega Reboreda - Morgadía produce o tostado Alma Reboreda. E por último o colleiteiro Manuel Formigo, un pequeno produtor que elabora o Tostado do Ribeiro apenas coas uvas procedentes das súas propias fincas.

    Sendo o proceso laborioso e longo e as producións limitadas, o prezo do viño Tostado do Ribeiro adoita superar os 80€/litro.

   Este viño pode ser tomado como aperitivo, acompañando de forma perfecta as táboas de queixos, ou como acompañamento para as sobremesas. Tamén pode ser usado na preparación de cremas doces que acompañan pratos de carne ou de peixe.




www.facebook.com/huellasdemicha/




Comentarios

thanks for the wonderful information

enviado por djboss el 01 abril 2017 a las 05:20 PM CEST #



Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado