Xullo, o mes de Xulio César

sábado 01 julio 2017

    Xullo é o sétimo mes do Calendario Gregoriano. Segundo o calendario proposto por Rómulo, era o quinto mes do ano, recibindo o nome de Quintilis e tiña 36 días. Coa reformulación do Calendario Romano, vixente entre os séculos VII/VI e I a.C., promovida por Numa Pompilio, pasou a ter 30 días.

                                 

    O emperador romano, Iulius Caesar (Xulio César), fixo cambios no calendario, sendo instaurado ao Calendario Xuliano, no que Quintilis pasou a ser o sétimo mes do ano e a ter 31 días. O nome do mes foi cambiado, pasando a denominarse “Iulius” (xullo), en honor ao emperador romano, por ser o mes do que naceu.

 

    En xullo teñen lugar as seguintes celebracións:

        04 de xullo – Día Independencia de Estados Unidos

        07 de xullo – Comezan os “Sanfermines” en Pamplona

        14 de xullo – Día da Toma da Bastilla.

        18 de xullo – Día Internacional de Nelson Mandela

        25 de xullo – Día da Patria, en Galicia

                                

    Famosos que naceron en xullo:

        01 de xullo 1961 – Diana Spencer (Diana de Gales)

        04 de xullo 1959 – Victoria Abril

        16 de xullo de 1911 – Ginger Rogers

        27 de xullo de 1824 – Alejandro Dumas

        29 de xullo de 1981 – Fernando Alonso

        30 de xullo de 1818 – Emily Brontë

 

    Famosos que faleceron en xullo:

        02 de xullo de 1977 – Vladimir Nabokov

        06 de xullo 1971 – Louis Armstrong

        10 de xullo de 2015 – Omar Sharif

        13 de xullo de 1954 – Frida Kahlo

        19 de xullo de 1943 – Yekaterina Budánova

        25 de xullo de 2001 – Carmen Portinho.





www.facebook.com/huellasdemicha/

 




Comentarios

i love to read about The Roman Emperor Julius Caesar, This article is in different language but i translated through google translate and read it thanks for your article.

enviado por fred el 01 julio 2017 a las 10:02 AM CEST
Sitio web:: http://www.aadharuidstatus.com/ #



Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado